Este es el espacio para los participantes en la actividad de ajedrez del Sporting Club Casino.

Las actividades, en las que colabora la Asociación Palaestra, se desarrollan fundamentalmente los sábados en las instalaciones de la Zapateira y los lunes en la Calle Real.

22/8/17

COPA GONZALEZ MARCH

A piques de rematar o verán imos facer un novo torneo que buscará cada ano facer un torneo en homenaxe a xogadores da cidade.

Empezaremos por José González March, que foi a primeira persoa homenaxeada pola Federación Galega de Xadrez, dacordo coa sesión do 21 de xaneiro de 1935

... o delegado de Xadrez Club Coruña, di que tendo en conta os méritos xadrecísticos do vello afeccionado galego D. José González March contraídos na súa longa vida de xadrecista, polo seu gran entusiasmo, laboriosidade, constancia e sacrificio polo xadrez nas súas moitas alternativas, que lle levaron en moitas ocasións a organizar actos e concorrer a eles, para animalos coa súa presenza, a pesar de estar enfermo dalgún coidado, con prexuízo evidente da súa saúde. 

Nas mesmas condicións non tivo inconveniente en asistir e prestar a súa colaboración entusiasta a actos federativos celebrados fóra da súa residencia, algún deles en Vigo. Aceptou os cargos de Tesoureiro da Galega e da Española despois, tamén enfermo, e do seu paso polos mesmos deixou un ronsel de traballo e boa administración digna de exemplo.

Grazas ao seu labor constante púidose levar a cabo festivais de verdadeira importancia, servindo estes de base para propagar e propulsar o xadrez en gran extensión; temos proba diso na Coruña onde existen actualmente tres grupos federados debiendose isto en gran parte ao citado Sr. González March. Moito debe a cousa federativa ao Sr. González March.

Como xogador foi dos máis fortes que deu Galicia e se hoxe non se atopa en condicións de figurar en competicións de categoría é debido unicamente ao cansazo dos seus moitos anos e a súa pouca saúde. Son moitas as partidas xogadas por el que poderían porse como modelo de beleza e mestría.

Tendo en conta, como queda devandito, os mertísimos servizos prestados ao xadrez nas súas diferentes fases e actividades, o Xadrez Club Coruña propón soamente sexa nomeado socio de honra da Federación Galega de Xadrez D. José González March, testemuñándolle ao mesmo tempo a homenaxe da afección galega por medio dun album que subscribirán todos os xadrecistas de Galicia, servíndolle desta forma un modesto tributo de admiración e agarimo.


A esta proposición adhírense con gran entusiasmo todos os asembleístas.

Nome do Torneo: COPA GONZALEZ MARCH

Data: 2 de setembro de 2017.

Lugar: Sporting Club Casino - Instalacións da Zapateira.

Hora de inicio: 17,00.

Hora de entrega de premios aproximada: 19,30.

Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas.

Desempates: A sortear tras a derradeira rolda.

Ritmo de xogo: 15 minutos a finish.

Categorías: Absoluta, Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8.


Premios:

1º Clasificado de cada categoría: Trofeo.
2º Clasificado de cada categoría: Trofeo.
3º Clasificado de cada categoría: Trofeo.

Agasallo para todos os participantes.

Partcipantes: Máximo 100

Inscricións: Ata o venres 1 de setembro. Exclusivamente a través do formulario ligado:

PREME PARA INSCRIBIRSE

Cota: 3 euros.

Advertencia 1: Dacordo coa lexislación vixente é obrigatorio que o participante teña un seguro de accidentes. Por tanto para os non socios do Sporting Club Casino é obrigatorio contar con licencia federativa de xadrez. Se o xogador interesado non está federado debe informarse das posibles opcións na súa escola de xadrez ou no noso correo asociacion@palaestra.net. A cota federativa para menores de 14 anos é de so 3 euros ao ano.

Advertencia 2: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario